Evento: Sangre de Muérdago
Sangre de Muérdago
Liderado polo multiinstrumentista Pablo C. Ursusson, Sangure de Muérdago editaron multitude de traballos e tocaron centos de concertos desde 2012, incluídas case 20 xiras internacionais, numerosas xiras europeas, 3 xiras norteamericanas e unha xira asiática.
Roadburn, Menuo Juodaragis, Copenhagen World Music Festival ou Wave Gotik Treffen son algúns dos festivais internacionais de renome nos que tocaron, e as mencións en listas dos mellores do ano ocorren cada vez que lanzan un novo traballo.
Na súa música poderás escoitar a súa herdanza galega, do folk inglés, a crueza das súas raíces punk, poesía directa ao corazón, bordones, melodías dos bosques máis remotos, ou polskas escandinavas. Aínda así, Sangue de Muérdago non responden a tendencias nin modas, isto é auténtico e xenuíno.