Evento: Castelao

Castelao
domingo, 19 marzo, 2023 - 12:00
Auditorio Constante Liste,
Teo

Castelao

Obra de teatro sobre a figura do escritor galego

O FalaRedes 2023 ábrese cunha peza de Culturactiva Producións para público de 6 a 10 anos e as súas familias. A autora é Paula Carballeira, a directora Fina Calleja e as actrices Cris Collazo e Mónica Caamaño.

Trátase dunha montaxe de ritmo trepidante arredor da figura de Afonso Daniel Rodríguez Castelao. A tensión dramática desta peza cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina de Castelao e a súa nai. Para facer aínda máis atractiva a obra, os diálogos de ficción introducen elementos marabillosos combinados con elementos recoñecibles da obra de Castelao, cos que o elenco, a música e o deseño de iluminación xogan creando un espectáculo cheo de plasticidade, cor e ritmo. O humor, a intriga, a linguaxe accesible están presentes no espectáculo, que se dirixe aos espectadores e espectadoras desde unha posición de igualdade cos seguintes obxectivos:

  • Fomentar o consumo de produtos culturais en galego, especialmente do público familiar.
  • Pola súa temática e referencias históricas, fomentar o coñecemento dunha das figuras máis relevantes da cultura galega e en galego do século XX.
  • Proporcionar unha experiencia positiva, amena e satisfactoria ligada á lingua galega a quen asiste ao espectáculo.
  • Potenciar a mirada feminina nas montaxes teatrais, tanto desde o punto de vista da dramaturxia, como da dirección e do elenco.
  • Contribuír á normalización e difusión da lingua galega nas idades máis novas e no contexto familiar e cultural.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Barquiño de pau
23 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
O Apalpador
30 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ecoralia, a lambona ecolóxica
10 de xaneiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal