Evento: Festa da 3ª Idade
Festa da 3ª Idade
Logo de tres anos sen celebración dos maiores, motivada pola situación da pandemia do covid-19, o Concello de Palas de Rei retoma este ano, a festa dos maiores de Palas de Rei. Os máis 1200 habitantes, maiores de 65 anos, de Palas de Rei están convocados a dita celebración que terá lugar o vindeiro sábado, 1 de abril, nas instalacións do Pavillón Polideportivo Municipal dos Chacotes. A celebración, arranca ás 13:00 horas cunha misa solenme que se oficiará no campo de fútbol, para logo, nas instalacións cubertas do Pavillón celebrarse, ás 14:30 horas, o xantar de confraternización e de cara ás 17:00 horas, o baile tradicional.
No transcurso da celebración dos maiores, tamén, se fará un recoñecemento especial para a muller e para o home con máis idade presente na festa.
Os asistentes, só teñen que confirmar asistencia nas dependencias do Concello ou chamando ao teléfono 982 38 00 01.