Evento: A endometriose, a epidemia oculta

A endometriose, a epidemia oculta
xoves, 30 marzo, 2023 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

A endometriose, a epidemia oculta

A cargo da Asociación QueRENDO

A biblioteca cede o espazo á Asociación QueRENDO Mulleres con endometriose para realizar o faladoiro A endometriose, a epidemia oculta que estará a cargo de Cristina Fernández Feijoo, presidenta da Asociación e que ten como obxectivos coñecer e recoñecer os síntomas, os tratamentos, a abordaxe no sistema público de saúde da endometriose e o nesgo de xénero desta doenza. 

Está dirixido a persoas que queiran ter máis información sobre esta enfermidade aínda pouco recoñecida. 

No salón de actos ás 19:00h. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Portada da publicación da Peza do Mes de marzo do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Pesas de tear tardorromanas
1 de marzo a 31 de marzo
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación de libros no Museo Massó
Presentación de libros
1 de abril
Museo Massó