Evento: Peza do mes: MANGO DE MADEIRA DO CASTRO DO CASTELO DE LAIAS

  • MANGO DE MADEIRA DO CASTRO DO CASTELO DE LAIAS
Peza do mes: MANGO DE MADEIRA DO CASTRO DO CASTELO DE LAIAS
mércores, 8 febreiro, 2023 - 20:00
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Peza do mes: MANGO DE MADEIRA DO CASTRO DO CASTELO DE LAIAS

Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A presentación terá lugar o mércores 8 de febreiro ás 20.00 h na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de María Martín Seijo (Departamento de Ciencias Históricas. Universidade de Cantabria).

O mango de coitelo do castro do Castelo de Laias (Cenlle, Ourense) remítenos á cultura material máis descoñecida da Idade do Ferro, aquela elaborada a partir de diversos tipos de materiais vexetais (madeira, cortiza, talos, follas, etc.). Esta cultura material de natureza efémera foi predominante no pasado, investigacións e achados recentes teñen permitido ampliar o noso coñecemento dela, e comezan a revelar a súa diversidade e os coñecementos técnicos e ambientais que atesoura.

No caso da madeira, esta materia prima foi utilizada para a construción de vivendas e estruturas de almacenaxe, embarcacións, armamento ofensivo e defensivo, e utensilios domésticos e instrumental agrícola e forestal. Mais o seu carácter perecedoiro ten condicionado a súa preservación en contextos arqueolóxicos.

A publicación virtual sobre esta peza está dispoñible neste enlace do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode ver máis información nun estudio, neste caso, a cargo de María Martín Seijo (Departamento de Ciencias Históricas. Universidade de Cantabria).

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Xornada sobre a paisaxe no tempo no Castro de Viladonga
Relatos sobre a paisaxe no tempo
30 de abril
Museo do Castro de Viladonga
Toponimízate 2026
9 de maio
Escola do Campo de Combarro
Toponimízate 2026
15 de maio
Escolas Vellas