Evento: Botticelli e Florencia: o nacemento da beleza

Botticelli e Florencia: o nacemento da beleza
mércores, 25 xaneiro, 2023 - 20:00
Numax,
Santiago de Compostela

Botticelli e Florencia: o nacemento da beleza

Proxección da película de Marco Pianigiani .

Desde Salvador Dalí ata Andy Warhol, de David LaChapelle a Jeff Koons e Lady Gaga, ninguén parece ser inmune á eterna fascinación por Botticelli e as súas obras. Unha viaxe a través da arte do Maestro exposto no museo ao aire libre que é Florencia: un itinerario sen precedentes para descubrir o artista que inventou un novo modelo de beleza, superando a barreira de séculos para inspirar a arte contemporánea.

Recreacións oníricas, imaxes cativadoras da cidade e filmacións de obras de arte asombrosas entrelázanse coas voces de persoas estudosas da arte de todo o mundo que narran o esplendor e as contradicións da Florencia de Lorenzo de Medici. Botticelli afirmaba ser o inventor da Beleza ideal, a cal atopou a súa máxima expresión en obras como A Alegoría da Primavera e O nacemento de Venus.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

O médico certo
14 de maio
Filmoteca de Galicia
Salvaxe, salvaxe
14 de maio
Filmoteca de Galicia
Dune
15 de maio
Filmoteca de Galicia
Salvaxe, salvaxe
16 de maio
Filmoteca de Galicia