Evento: Invento

Invento
xoves, 30 marzo, 2023 - 21:00
Casa das Crechas,
Santiago de Compostela
Concerto de Madalena Gamalho

Madalena Gamalho é unha das grandes voces emerxentes do panorama musical galego. Cantora e compositora con ampla formación en técnica vocal e unha especial conexión co mundo lusófono. Inicia o seu percurso musical no 2015 en formacións como Nota Bene ou Os Meninos, atuando en Galicia e Portugal. Vocalista na actualidade da banda jazz folk Laroá e recentemente finalista no concurso Sonidos Mans 2022, así como do concurso Fran Pérez Narf co seu proxecto máis persoal, Invento.

INVENTO é o seu disco debut, un álbum de estudio resultado da súa evolución vital e vocal, así como da amizade e sinerxia con Iván Barreiro, productor musical do mesmo. 

Máis eventos de tipo Concerto

NoitiNHas 2026
15 de xullo
Avda. do Burgo das Nacións, s/n
Verán miúdo
15 de xullo
Praza do Cantón
Baixo os remendos, nós
15 de xullo
San Vicente