Día do Libro Infantil e Xuvenil

Día do Libro Infantil e Xuvenil

 

Como símbolo de unión entre os países do mundo, o día 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. En España a en Galicia promóvense actividades para a celebración deste día organizando distintos actos e animando a que todos participemos nesta efeméride.

Este ano 2020, debido á crise sanitaria por mor do coronavirus, non puido levarse a cabo unha programación nas bibliotecas e centros da Consellería de Cultura e Turismo, pero a data estivo presente de xeito virtual a través das redes sociais.

Tamén na Cidade da Cultura se fixeron eco desta data na súa web.