Patrimonio: MONUMENTA

MONUMENTA

Difusión do patrimonio restaurado

Programa de actividades culturais por igrexas, mosteiros e outros edificios históricos galegos nos que se estiveron realizando ou se van realizar diferentes restauracións de interese arquitectónico e artístico.

Música, obradoiros, teatro de rúa, visitas guiadas e faladoiros permitiranlle á cidadanía achegarse dun xeito lúdico a diferentes bens culturais galegos entre o 9 de novembro e o 8 de decembro.

Ler máis

Esta proposta de dinamización artística propón un percorrido polas catro provincias para descubrir e promover colectivamente os nosos monumentos, as nosas tradicións e paisaxes como grandes referentes do patrimonio material e inmaterial de Galicia.

Programa:

Novembro

- Día 9, Catedral de Tui (Pontevedra)
17:00 Obradoiros para familias Conservamos e restauramos:pintura, retablos e cubertas
18:00 Concerto acústico de Rosa Cedrón

- Día 10, Santuario da Angustia. Betanzos (A Coruña)
12:00 Obradoiros infantís sobre arquitectura e restauración no Liceo de Betanzos
16:30 Paseo sonoro coa participación dos gaiteiros "Pepe Temprano e os seus Mariachis" e Alfredo Erias, historiador e narrador do paseo. (Saída desde a Estación Betanzos-Infesta ata o Santuario)

- Día 16, Igrexa de San Miguel de Osmo. Cenlle (Ourense)
16:30 Obradoiros para familias sobre restauración de pinturas e Faladoiro cos veciños e veciñas nos que se recollerán, en conversa informal, as lembranzas vinculadas ao lugar
17:30 Concerto da Rondalla Alfaia de Cenlle

- Día 17, Igrexa de Santa María de Nogueira de Miño. Chantada (Lugo)
16:30 Obradoiros para familias sobre restauración de pinturas e Faladoiro cos veciños e veciñas nos que se recolleran, en conversa informal, as lembranzas vinculadas ao lugar
17:30 Concerto da Coral Polifónica de Chantada. Entrevista e diálogos coa coral a cargo de Xurxo Souto

- Día 23, Igrexa do Mosteiro de Santa María de Armenteira. Meis (Pontevedra)
16:30 Obradoiros para familias sobre as fachadas das igrexas e Faladoiro con visita guiada
17:30 O Mosteiro de Armenteira na fita cinematográfica Proxección do filme histórico "Noticieiro Folk 1932" con música ao vivo

- Día 24, Igrexa do Mosteiro de San Clodio. Leiro (Ourense)
16:30 Talleres para familias sobre restauración de pinturas e Visita guiada
17:30 Concerto acústico de María do Ceo

- Día 30, Mosteiro de San Xusto de Toxos Outos. Lousame (A Coruña)
16:30 Obradoiros para familias sobre restauración: pintura, retablos e cubertas e Faladoiro cos veciños e veciñas nos que se recollerán, en conversa informal, as lembranzas vinculadas ao lugar
17:30 Concerto acústico de música antiga Grupo 1500

Decembro

- Día 1, Igrexa do Mosteiro de San Salvador de Vilanova de Lourenzá (Lugo)
11:30 Obradoiros infantís sobre as fachadas das igrexas
17:00 Perfomance musical e poética de UgMOV, con Ugia Pedreira e Marina Oural Villapol

- Día 7, Igrexa da Santa Cruz de Terroso. Vilardevós (Ourense)
16:30 Faladoiro cos veciños e veciñas nos que se recollerán, en conversa informal, as lembranzas vinculadas ao lugar
17:00 Teatro de rúa, para todos os públicos, cunha recreación histórica co Grupo de Teatro Os Quinquilláns
17:30 Concerto acústico homenaxe a Ángel Barja Iglesias a cargo dun cuarteto de corda do Conservatorio de Vigo

- Día 8, Igrexa de San Pedro de Moreiras. Toén (Ourense)
11:00 Obradoiros infantís sobre a restauración de retablos. Micro concerto para campás, cuncas tibetanas e zanfona con Ariel Ninas
12:30 Concerto acústico de S@X 21 en formato dúo

Documentos relacionados

Comparte