Patrimonio: ESPAZOS SONOROS

ESPAZOS SONOROS

Dez anos de música nas pedras

O ciclo Espazos Sonoros cumpre a súa primeira década enchendo de son espazos de interese cultural. Unha descuberta do valor patrimonial de igrexas, castelos, mosteiros, muíños e mesmo fornos na que tamén o inmaterial recupera o seu lugar primeiro.

...
Ler máis

E así, nesta edición especial convídanos a elaborar un queixo de xeito artesanal, a gozar da beleza de manuscritos históricos ou a facernos danzantes ao xeito do Renacemento .

As composicións de artistas galegos e grupos internacionais como a Austrian Baroque Company, Manseliña, Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero, Xavier Díaz-Latorre e Samuel Diz porán a música do 2 de setembro ao 15 de outubro entre os muros de distintos bens culturais de Vilasantar, Sobrado dos Monxes, Arbo, Montederramo, Palas de Rei, A Pontenova, Caldas de Reis, Lourenzá, Ourense e Baiona.

Pero, como saben ben as e os incondicionais de Espazos Sonoros, fieis á cita cada ano, as actividades do ciclo van máis alá. Desta vez, para nos marabillar na andaina entre bosques de bidueiros  e tamén para explorar e confirmar a pegada no noso patrimonio que deixaron actividades económicas como a fundición de campás ou as liñas férreas mineiras . E non faltará, un ano máis, a rolda pola paisaxe organística. Nesta ocasión, Pablo Seoane estreará a peza Parábase, creada para os órganos da igrexa de San Salvador de Lourenzá.

 

Todos os concertos, andainas, visitas guiadas e obradoiros, na Axenda de Cultura de Galicia! Lembrade que todos son de balde pero que algunhas actividades requiren inscrición previa.

Documentos relacionados