Patrimonio cultural: tema destacado

A PEDRA EN SECO É PATRIMONIO

Medidas para protexer este saber popular

A pedra en seco é unha técnica de construción tradicional en Galicia que prescinde de calquera argamasa ou morteiro. É un exemplo significativo das formas de vida tradicionais no noso país  e constrúe a nosa paisaxe. 

 

Ler máis

Para protexer as construcións feitas con esta técnica, a Dirección Xeral do Patrimonio, de acordo co novo marco legal da lei do Patrimonio Cultural de Galicia xa en vigor, está a traballar na documentación deste saber popular que forma parte do noso patrimonio cultural inmaterial. Para contar coas máximas fontes e apoios de cara á salvagarda desta técnica tradicional, a Dirección Xeral de Patrimonio habilitou un espazo de participación e información. Podedes entrar nel premendo aquí.