Patrimonio cultural: tema destacado

150 ANIVERSARIO DE VALLE-INCLÁN

Para coñecermos máis do creador do esperpento

Ata mediados de 2017, este destacado dramaturgo, novelista, poeta, ensaísta e xornalista será protagonista de encontros literarios, ciclos de cine, obradoiros infantís, concertos, exposicións, xornadas gastronómicas e ficcións teatrais.

 

Ler máis

Galicia homenaxea, así, cunha extensa programación colectiva, os 150 anos do nacemento, en Vilanova de Arousa, de Ramón María de Valle-Inclán, “o mellor artista que pariu Galicia”, en palabras de Castelao. Consulta aquí e na Axenda de Cultura de Galicia as actividades para achegarse á figura deste escritor, universal e cosmopolita, considerado un dos principais autores da literatura do século XX.

  • Quico Cadaval achegaralles ao público xuvenil e adulto diferentes facetas biográficas de Valle-Inclán
  • A programación conta con espectáculo de monicreques de Títeres Cachirulo
  • As novelas de Valle-Inclán levadas ao cinema tamén serán proxectadas