Patrimonio: CEN ANOS DO NOBEL GALEGO

CEN ANOS DO NOBEL GALEGO

Unha boa ocasión para mergullarse na obra de Cela

Ás nove e vinte da noite do día 11 de maio de 1916, xoves, vin a este val de bágoas na casa do paso nivel de Iria Flavia, concello de Padrón (...). Camilo José Cela recollía deste xeito na obra A rosa o día do seu nacemento, do que en 2016 se cumpren cen anos. Para conmemorar esta data, unha completa programación de actividades divulgará a vida e a obra do premio Nobel galego entre grandes e pequenos.

 

Ler máis

O eixo central da celebración será a mostra ‘CJC 2016. O centenario dun Nobel’, que percorrerá a Biblioteca Nacional de España e o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Tampouco faltarán propostas audiovisuais, cun ciclo de cine no CGAI; congresos e xornadas que afondarán no estudo da súa obra, certames literarios, actividades escolares e diverso material dixitalizado para descubrir a Cela na rede a través do seu epistolario e arquivo fotográfico.

Na Axenda de Cultura poderás seguir o pulso desta celebración e das principais efemérides do libro e da lectura neste ano.

 

  • Foto de Cela, de Gustavo Catalán Deus
  • Foto de Cela, de César Lucas
  • Fundación Pública Camilo José Cela
  • Calendario do libro e da lectura 2016

Documentos relacionados

Comparte