Dinamización: PREMIOS DA CULTURA 2021

PREMIOS DA CULTURA 2021

Premios da Cultura Galega 2021

Ler máis

A Xunta de Galicia convocou os Premios da Cultura Galega de 2021 mediante a orde do 16 de xuño de 2021 publicada no Diario Oficial de Galicia (www.xunta.gal/diario-oficial-galicia) de 1 de xullo (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210701/AnuncioG0598-180621-0...). Os premios teñen como obxectivo recoñecer a calidade e excelencia nas diversas manifestacións creativas que se suceden na nosa Comunidade en oito modalidades: Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior.

O xurado estivo presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, Román Rodríguez; e formado polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo Suárez; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco; o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo; o director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, Xulio Rodríguez; a directora de programas da Radio Galega, Tania Fernández; a directora e editora de Hércules de Edicións, Laura Rodríguez; e a historiadora da Arte e comisaria de exposicións, María García-Alén.

O acto de entrega dos premios celebrouse no Centro Galego da Arte Contemporánea (CGAC) o 7 de maio de 2022.

PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2021:

►Premio da Cultura Galega de Letras: BERNARDINO GRAÑA.

►Premio da Cultura Galega de Artes Visuais: ANTÓN PULIDO.

►Premio da Cultura Galega de Artes Escénicas: NOVA GALEGA DE DANZA.

►Premio da Cultura Galega de Música: NATALIA LAMAS.

►Premio da Cultura Galega de Audiovisual: ZAZA CEBALLOS.

►Premio da Cultura Galega de Lingua: PROGRAMA DA TVG DÍGOCHO EU! (ESTHER ESTÉVEZ).

►Premio da Cultura Galega de Patrimonio Cultural: MOSTEIRO DE SAN PEDRO DE ROCAS.

►Premio da Cultura Galega de Proxección Exterior: FEDERACIÓN DE ASOCIACIONES GALLEGAS DA REPÚBLICA ARGENTINA (FSG).

Comparte