Dinamización: O DESAMOR FEITO XARDÍN

O DESAMOR FEITO XARDÍN

O CDG estrea Xardín suspenso, dirixida por Cándido Pazó

Ata onde pode levar a fidelidade a un amor que non é correspondido? Esta alerta sobre a ausencia de límites é a que se respira en Xardín suspenso, a nova montaxe do Centro Dramático Galego (CDG), dirixida por Cándido Pazó e que se estrea o 13 de marzo no Salón Teatro de Santiago.

 

Ler máis

Lucía, protagonista principal desta obra escrita polo dramaturgo luso Abel Neves, concibe un xardín zen na antiga casa de seus pais, pensado para Mateo, o seu amor da infancia. Pero cando se vai inaugurar, el anuncia o seu casamento con outra muller. A partir dese momento, odio, amor, rabia, frustración, impotencia, medo, dúbida... xermola e asfixia ese xardín que queda en suspenso.

Para ir saciando a nosa curiosidade como público do devir desta historia, contamos estes días, antes da estrea, co blog http://blogs.xunta.es/xardinsuspenso/, no que se comparte o proceso creativo da montaxe. Nesta bitácora, Cándido Pazó invítanos a entrar neste xardín que –xa nolo adianta–, cando se levante o pano, conseguirá "desconcertarnos, emocionarnos, divertirnos ou estremecernos".

  • Cartel de Xardín suspenso
  • Ensaios da montaxe
  • Escenario co xardín zen
  • O director Cándido Pazo

Comparte