Dinamización: ENTROIDO DE CONTO

ENTROIDO DE CONTO

As bibliotecas celebran a festa con contacontos, obradoiros, xogos e exposicións

O Entroido chega ás bibliotecas. Se apurades, aínda chegaredes en tempo para elaborar as mellores máscaras e antefaces nos obradoiros que se programan nas bibliotecas públicas. Nas páxinas dos libros dos andeis atoparedes os personaxes máis inspiradores.

 

Ler máis

E non vos asustedes tampouco se nestes días de festa e trangallada se presenta de súpeto o meco, ou se nunha sesión de contos rematades coa feitura do personaxe principal.

E como non hai Entroido sen música, a Cidade da Cultura de Galicia súmase á celebración cun baile de carnaval onde se poderá gozar, de balde, dos mellores temas da historia do rock.

Consultade a Axenda de Cultura para participar neste Entroido de conto!
 

Comparte