Dinamización: COS OLLOS POSTOS NOS DEBUXOS

COS OLLOS POSTOS NOS DEBUXOS

As bibliotecas públicas galegas celebran con obradoiros, mostras e charlas o Día da Ilustración

Unha lectora ou un lector procura sempre unha boa historia, sexa escrita, contada… ou debuxada.  O importante papel das ilustracións no libro e na lectura -capaces de reforzar, complementar ou mesmo substituír un texto- fai que, desde o pasado ano, se celebre en Galicia o Día da Ilustración o 30 de xaneiro, coincidindo coa data de nacemento de Daniel Rodríguez Castelao, poñendo así en valor unha das facetas desta importante figura da historia e da cultura galegas.

Ler máis

Obradoiros, mostras e faladoiros son algunhas das actividades do Día da Ilustración coas que as bibliotecas centrais territoriais de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo) e a Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, promoven esta celebración.

  • Imaxe do Cartel do Día da Ilustración 2015
  • Obradoiros e exposicións ao redor da figura de Castelao
  • Taller creativo para celebrar esta efeméride
  • Actividade plástica da ilustradora Noemí López