Dinamización: CABANILLAS NA VOZ DOS NENOS/AS

CABANILLAS NA VOZ DOS NENOS/AS

No bico un cantar dedícalle a súa terceira edición ao poeta cambadés

Catrocentas voces infantís unidas nos poemas de Ramón Cabanillas. No bico un cantar volve ofrecer este singular espectáculo musical na súa terceira edición, tras facelo cos versos de Rosalía de Castro, en 2013 e cos de Curros Enríquez, o pasado ano. Con esta actividade, promovida polo Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura e Educación, ofréceselles aos escolares participantes unha oportunidade especial para gozar da música compartida e para mergullarse nos versos dos escritores galegos.

Ler máis

A praza de Fefiñáns, en Cambados, acollerá o 5 de xuño esta homenaxe musicada a cargo do coro de voces do alumnado dos conservatorios e escolas de música municipais da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, acompañados polo quinteto de metais Hercules Brass e dirixidos por Maximino Zumalave.

Toda a información, no web de No bico un cantar.

Comparte