Dinamización: MEMORIA DE ACTIVIDADES DE CULTURA 2013

MEMORIA DE ACTIVIDADES DE CULTURA 2013

Principais actuacións promovidas polo Goberno galego na área de Cultura durante o último ano

A Memoria de actividades de cultura 2013 presenta un resumo das actuacións promovidas durante o pasado ano polo Goberno galego nesta materia.

Ler máis

A través de dez capítulos, esta publicación aborda as estratexias e intervencións máis importantes do último ano no ámbito do libro e da lectura, do sistema arquivístico, da protección e conservación do noso patrimonio cultural, das políticas de apoio á creatividade no conxunto da sociedade galega, do apoio á creación e á difusión dos distintos sectores profesionais das artes, así como as políticas dirixidas ás industrias culturais e á súa internacionalización.

Por último, anéxase a relación das convocatorias realizadas pola Consellería de Cultura e Educación con cargo aos orzamentos de 2013, para unha perspectiva global das liñas de axuda pública no ámbito cultural da Xunta de Galicia.

 

Comparte