Dinamización: VELAÍ VÉN O CULTURGAL

VELAÍ VÉN O CULTURGAL

Nova edición da feira das industrias culturais galegas

Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, xa vén aí. Do 5 ao 7 de decembro, o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá, un ano máis, este espazo de encontro e de proxección das novas iniciativas do sector cultural galego, co apoio da Xunta de Galicia. Empresas, programadores, institucións e público en xeral terán tres xornadas de actividade intensa para coñecer e compartir novos proxectos.

Ler máis

A feira é un escaparate excepcional á vez que un punto interesante de intercambio de ideas entre todas as iniciativas participantes. O éxito de Culturgal, ano tras ano, desde a súa posta en marcha en 2007, aválano cifras coma as da pasada edición: unha asistencia de 15.000 persoas, máis de 70 expositores e 150 actividades programadas.

Desde música a gastrocultura
Música, libros, tecnoloxía, audiovisual, infantil, artes escénicas, gastrocultura... conforman a axenda dunha feira ampla, diversa e rendible en termos de negocio, xa que nove de cada dez expositores que participan repiten a súa presenza ano tras ano.

No entanto, Culturgal tamén significa público, un público diverso pero que ten en común o seu nivel de esixencia e que avala coa súa alta participación a razón última de ser desta feira.

Premio do público
Culturgal 2014 mantén o Premio do público instituído o pasado ano e que recoñece o proxecto cultural máis salientable no ámbito social. Este ano contou con tres candidaturas finalistas: Cineuropa, Diario Cultural e Salón do Comic 'Viñetas desde o Atlántico'. Finalmente, a votación popular na rede decidiu que o gañador fose o programa da Radio Galega Diario Cultural. O premio entragarase o domingo día 7 ás 17 horas.

 

 

 

 

  • Cartel do Culturgal 2014 Cartel do Culturgal 2014
  • Cineuropa, unha das tres candidaturas finalistas Premio do Público Cineuropa, unha das tres candidaturas finalistas Premio do Público
  • Diario Cultural, unha das tres candidaturas finalistas Premio do Público Diario Cultural, unha das tres candidaturas finalistas Premio do Público
  • Viñetas do Atlántico, unha das tres candidaturas finalistas Premio do Público Viñetas do Atlántico, unha das tres candidaturas finalistas Premio do Público

Comparte