Dinamización: QUENTANDO MOTORES PARA O WOMEX

QUENTANDO MOTORES PARA O WOMEX

Galicia é este ano a sede deste mercado internacional da worldmusic, que xa está aquí!

WOMEX, o meirande mercado internacional da 'worldmusic', celebra en Galicia a súa vixésima edición. Entre o 22 e o 26 de outubro, no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura e en diferentes salas e espazos da cidade de Santiago de Compostela, daranse cita programadores e artistas de máis de 90 países.

Ler máis

As cifras falan por si: 250 stands de empresas e artistas, 300 xornalistas acreditados, 800 promotores e programadores, 500 discográficas e distribuidoras... e unha oportunidade irrepetible para escoitar boa música; porque, aínda que se trata dunha feira profesional, unha parte da programación é aberta ao público xeral nas noites do 23, 24 e 25 de outubro.

A música galega estará representada por Davide Salvado na Selección Oficial, por Uxía, Germán Díaz no escenario AtlanticConnections, e por Mercedes Peón, Budiño e Xabier Díaz no concerto de apertura que terá lugar o 22 de outubro no Auditorio de Galicia. 

FOCUS, encontro previo coa música galega en Santiago, na Coruña e en Ourense
E nas vésperas do Womex, programadores, axentes artísticos e públicos poderán ter un primeiro contacto a través do FOCUS GALICIA, un espazo de proxección da música de Galicia para o mundo.

Consulta as programacións completas no web da Agadic.

 

Comparte