Dinamización: GALICIALE

GALICIALE

A túa biblioteca en calquera momento e lugar

Para quen vive lonxe da súa biblioteca, ten un horario incompatible con ela ou simplemente non pode acudir nun momento determinado por calquera outra razón, o acceso a algúns dos seus contidos é posible grazas a GaliciaLe. E para quen si pode, esta plataforma de préstamo de obras en formato electrónico tamén abre un novo mundo de posibilidades, cun amplo catálogo de libros, filmes e revistas dispoñibles de xeito gratuíto en calquera momento do día.

Ler máis

Aos máis de 1.600 libros electrónicos e 30 revistas que ofrece a plataforma, xunto con 50 audiolibros, súmase agora un catálogo audiovisual que inclúe 77 filmes. Para acceder a estes recursos só é preciso ter o carné dunha das bibliotecas da Rede de bibliotecas públicas de Galicia, as claves de acceso a GaliciaLe –que se poden pedir na biblioteca– e un dispositivo con conexión a internet, como unha tableta, un ordenador, un teléfono móbil ou un lector electrónico.

Entre os libros dispoñibles do catálogo en galego atópanse múltiples novidades editoriais de distintos xéneros como poesía, narrativa ou literatura infantil e xuvenil,  de autores como Luz Pozo Garza, María Reimóndez ou Agustín Fernández Paz, entre moitos outros. E no catálogo audiovisual hai tamén un amplo abano de filmes galegos como Mimosas, Sicixia, De profundis, O club da calceta ou De bares.

Descubre moito máis en www.galiciale.gal

  • GaliciaLe
  • A túa biblioteca en calquera momento e lugar
  • Mimosas é un dos filmes dispoñibles
  • Fantasmas de luz é un dos libros recentemente incorporados

Ligazóns

Documentos relacionados