Dinamización: QUE PASOU?

QUE PASOU?

Memoria de actividades de cultura 2016

O que rematou foi un ano de fitos importantes para a proxección da creatividade galega. Damos conta deles polo miúdo na Memoria de actividades de cultura 2016.

 

Ler máis

En 2016, a literatura e a cultura galegas foron protagonistas na Feira Internacional do Libro de Buenos Aires. En Galicia déronse cita algunhas das plumas máis relevantes no Congreso Pen Internacional. Músicos de todo o mundo compartiron os escenarios do Womex en Compostela. 2016 foi tamén ano de boa colleita no ámbito audiovisual. Un ano, en fin, de encontros e de oportunidades de visibilidade insólitas para a creatividade galega, á vez que de novos camiños de negocio para a industria cultural no exterior.

Houbo tamén novos logros para a protección e difusión do noso patrimonio cultural: no Museo Nacional del Prado inaugurouse, por vez primeira, unha exposición monográfica centrada nun autor galego, coa mostra do Mestre Mateo; no Parlamento de Galicia aprobouse a nova Lei do patrimonio cultural de Galicia, que integra de xeito coherente o conxunto da protección dos bens materiais e inmateriais.

Estas e outras liñas de traballo desenvolvidas en 2016 desde a Xunta de Galicia recóllense neste resumo anual que é a Memoria de actividades de Cultura. Xa dispoñible!

Documentos relacionados