Dinamización: VENRES NAS LIBRARÍAS

VENRES NAS LIBRARÍAS

Novos encontros cos autores para as fins de semana

Este outono citámosvos nas librarías! Alí agárdanvos as vosas autoras e autores favoritos para presentarvos as súas novas publicacións e mergullarvos nos seus universos literarios. Volve Venres nas librarías!

 

 

Ler máis

Do 2 de outubro ata o 28 de novembro, as librarías converteranse nun espazo de encontro dos lectores e lectoras con escritores galegos que publicaron algunha obra no último ano. Nomes como os de Xesús Constenla, Afonso Eiré, Sérgio Tannus, Pedro Feijoo, María Reimóndez e Suso Lista , entre outros, darán a coñecer os seus novos títulos en charlas, lecturas dramatizas e poéticas, e sobre todo, con propostas nas que se promoverá a participación activa de público de todas as idades.

#andeldoagasallo, o libro galego tamén nas redes
Estes encontros cos libros en galego dos venres e sábados non só se cinguirán ás librarías, senón tamén ás redes sociais, co divertido concurso Andel do agasallo. Cada semana, podedes participar nun concurso de pistas, a partir das cales teredes que adiviñar de que libro se fala. O lector ou lectora que o acerte levará de agasallo ese novo título editorial. Será a través das contas de Twitter @conscultura co hashtag #andeldoagasallo e de Facebook (www.facebook.com/CulturaGalegaXunta).

Os venres, citámosvos coas autoras e autores nas librarías. E todos os días, coas pistas nas redes. Participade!

 

 

  • Alegría, de Sergio Tannus Alegría, de Sergio Tannus
  • O valente coello que quixo soñar O valente coello que quixo soñar
  • Xeixos, de Suso lista

Documentos relacionados