Dinamización: A DANZA PERFECCIÓNASE NO VERÁN

A DANZA PERFECCIÓNASE NO VERÁN

Cursos intensivos no Centro Coreográfico Galego

Chega xullo pero seguimos en movemento. Os profesionais e estudantes de danza tampouco paran e o Centro Coreográfico Galego séguelles o ritmo cunha ampla programación de cursos intensivos  para perfeccionar a técnica e achegarse a outras novas.

 

Ler máis

Iker Gómez, Ángel Rodríguez, Jordi Vilaseca, Antonella Sampieri, Gonzalo Zaragoza e Virginia Valero son os docentes desta formación estival, dirixida a bailaríns e bailarinas, profesorado de danza e estudantes de nivel medio-alto.

O coreógrafo e vídeocreador Iker Gómez abriu esta formación intensiva de verán, do 29 de xuño ao 3 de xullo, sobre danza contemporánea e composición coreográfica. Entre o 6 e o 10 de xullo teñen lugar as citasformativas cos mestres Ángel Rodríguez e Jordi Vilaseca, sobre danza neoclásica e contemporánea, respectivamente.

Precisamente, a danza contemporánea é, igualmente, o obxecto do curso que imparte do 13 ao 17 de xullo a bailarina arxentina Antonella Sampieri, quen tamén formou parte do corpo de baile do Centro Coreográfico Galego nos espectáculos ‘Etheria’, de Mercedes Suárez, e ‘3Dtres’.

O quinto encontro corre a cargo de Gonzalo Zaragoza, do Conservatorio Superior de Danza de Madrid María de Ávila. O seu taller de danza clásica no Centro Coreográfico galego celebrarase do 20 ao 24 de xullo. Para pechar o programa formativo, a directora dese mesmo conservatorio, Virgina Valero, tamén visita o Centro Coreográfico Galego cun último curso de danza clásica, do 27 ao 31 de xullo.

O prazo de matrícula para cada un destes obradoiros permanece aberto ata o venres anterior ao seu comezo. Bulide! Tedes máis información no web www.centrocoreografico.org 

AMPLIACIÓN A SETEMBRO
Ademais, lembrade que o Centro Coreográfico Galego mantén aberto ata o vindeiro 17 de xullo o prazo de inscrición para seis novos cursos intensivos de danza, cos que o CCG amplía a setembro o programa formativo de verán que está desenvolver na súa sede da Coruña.

Ofértanse clases de danza clásica con Cristina Gallardo, moderna e contemporánea con Fernando Lázaro, repertorio de Nacho Duato con Christelle Horna, jazz lírico con Sylvia Martel, 'contact' improvisación con Amaury Lebrun e claqué con Gail Brevitt.

 

 

  • Cursos intensivos no Centro Coreográfico Galego Cursos intensivos no Centro Coreográfico Galego
  • ker Gómez, Ángel Rodríguez, Jordi Vilaseca, Antonella Sampieri, Gonzalo Zaragoza e Virginia Valero son os docentes desta formación estival ker Gómez, Ángel Rodríguez, Jordi Vilaseca, Antonella Sampieri, Gonzalo Zaragoza e Virginia Valero son os docentes desta formación estival
  • Iker Gómez inaugurou a formación do verán
  • Antonella Sampiero Antonella Sampiero

Comparte