Dinamización: MERGULLO NAS LECTURAS

MERGULLO NAS LECTURAS

Ler conta moito propón un verán de obradoiros, música, contacontos e maxia nas bibliotecas

Velaquí está o verán e, con el, as actividades do programa Ler conta moito nas bibliotecas públicas galegas convértense nun refrescante mergullo entre libros e lecturas.

 

Ler máis

Para os máis novos, sesións de contacontos, música, maxia, xincanas literarias, cancións  e obradoiros; e para o público xuvenil e adulto, experiencias de aprendizaxe e de diversión, propias das bibliotecas e da época estival.

Darlles vida audiovisual aos nosos contos favoritos coa técnica de stop-motion, crear fósiles ou descubrir canta ciencia hai detrás dun truco de maxia . Estas son algunhas das propostas que ofrece Ler conta moito para este verán que comeza.

Entre as coleccións de libros das bibliotecas, o programa abre sitio para a descuberta e a creatividade con obradoiros de banda deseñada, manga, gastronómicos ou de poesía, nos que o espírito de festa tamén estará presente nas bibliotecas coa música de Brinca Vai, Migallas Teatro ou Pablo Díaz.

Na Axenda de www.cultura.gal podes consultar todas as actividades de cada unha das actividades!

  • Música con Brinca Vai!
  • Narración oral en Contos ao revés
  • Obradoiro de manga
  • Cancións e gastronomía