Dinamización: DO AUDIBLE, SON CONTEMPORÁNEO

DO AUDIBLE, SON CONTEMPORÁNEO

Novos diálogos entre a música e as artes do noso tempo

Regresa Do Audible para achegarnos ás novas linguaxes sonoras. Será o divulgador Fernando Palacios quen se encargue de abrir as portas desta terceira edición do ciclo, un espazo para o diálogo entre a creación musical contemporánea e as distintas disciplinas artísticas e científicas. Farao na Fundación Luis Seoane na Coruña, arredor das cidades invisibles que transitou Italo Calvino, como pórtico de palabras para o posterior concerto de Vertixe Sonora, en colaboración co 4+1 Piano Ensemble do Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Ler máis

 

Xa en xuño, o martes 30, a Casa do saber de Lugo centrarase nas artes mínimas, cunha selección de Alberto Bernal, e que contará coa intervención de Federico López Silvestre, investigador de arte contemporánea.

Despois do verán, as sesións musicais de Vertixe Sonora chegarán tamén a Pontevedra e a Lalín. En Pontevedra, no Café Moderno Afundación, a Incerteza será o ámbito temático da sesión musical que abrirá a astrofísica Ana Ulla Miguel, onda o compositor Joán Bagés i Rubí.

O ciclo fará a súa última parada desta edición en novembro no Museo Ramón María Aller, en Lalín, arredor do Baleiro, un concepto que pode referir a nada ou a oportunidade para encherse con calquera cousa. Nese espazo suxestivo estarán o filósofo Javier Turnes, que abrirá a sesión, e o compositor Miguel Ángel Tolosa, cuxa obra tamén soará no concerto desta xornada.

Todos os concertos, na nosa Axenda

Comparte