Dinamización: GALIVERSO

GALIVERSO

Galiverso é unha iniciativa da Xunta de Galicia que emprega as tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de amosar o noso patrimonio material e inmaterial (artístico, industrial, arquitectónico, natural etc.) dun xeito diferente.

Ler máis

Sen saír da Cidade da Cultura, podes subir no batiscafo virtual e explorar os fondos os fondos mariños da costa galega no Galiverso somerxido, ou viaxar polos 13 destinos de gran valor cultural, histórico e paisaxístico que ofrece o mapa do Galiverso empeza aquí, como a cripta do Apóstolo na Catedral de Santiago, o canón do Sil, a Torre de Hércules na Coruña e o templo romano de Santalla de Bóveda en Mera (Lugo), entre outros. Dentro do Galiverso tamén é posible viaxar ao pasado e camiñar polas rúas do vello Portomarín tal como eran antes de que a antiga vila fose anegada pola construción do encoro de Belesar.

Comparte