Dinamización: O LIBRO SAE Á RÚA

O LIBRO SAE Á RÚA

As Feiras do Libro regresan coas novidades editoriais e un completo programa de actividades

Acudimos ás bibliotecas e ás librarías na procura do libro suxerido ou da lectura ansiada, mais a partir desta semana son os libros os que saen ás rúas na nosa procura. Comezan as Feiras do  Libro de Galicia 2015!

 

Ler máis

Baixo o lema ‘A historia en letras’, en alusión a Xosé Filgueira Valverde, homenaxeado este ano coas Letras Galegas, as 12 Feiras do Libro de Galicia 2015 percorrerán a xeografía galega desde abril ata agosto con eventos en Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Vigo, Ribeira, Rianxo, A Coruña, Viveiro, Foz e Monforte de Lemos

Estas citas coa lectura e a cultura en xeral supoñen unha oportunidade única de achegamento entre lectores e autores, a través da presentación de novidades e da sinatura de libros. Ademais, ofrecen unha completa programación de actividades para todos os públicos que inclúe contacontos, recitais poéticos, actuacións musicais e obradoiros de ilustración, de maxia e de linguaxe de signos.

Na Axenda de cultura.gal podedes consultar cada unha destas citas para non perderdes ningunha! 

 

  • Cartel coa lenda que está vinculada a Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015
  • Sinatura de libros con Fina Casalderrey
  • Manuel Lourenzo tamén participa nestas feiras
  • Sonia Mirón súmase ao encontro cos lectores

Documentos relacionados