Dinamización: DOCE INTENSOS MESES DE CULTURA

DOCE INTENSOS MESES DE CULTURA

Díaz Castro, o Womex e Auga Doce entre as actividades salientables na Memoria de Actividades de Cultura 2014

Ano de Díaz Castro, celebración do Womex en Santiago de Compostela, obras mestras de todo o mundo na mostra Auga doce... O 2014 foi un ano cargado de actividade cultural. A Xunta de Galicia fai un resumo das actuacións abordadas desde os seus departamentos no ámbito cultural neses 12 meses. Para que calquera persoa interesada poida consultalas.

Ler máis

As liñas de acción en prol da lectura nas bibliotecas, as novidades nos arquivos, as intervencións no patrimonio cultural, a actividade de conservación e dinamización nos museos, as principais exposicións, as programacións musicais e escénicas, as medidas de difusión literaria, as programacións de dinamización lingüística, os programas de integración social a través das artes, as efemérides culturais do ano, os premios concedidos, as políticas de impulso da industria cultural da Agadic, a acción cultural da Cidade da Cultura e as actuacións para a proxección internacional da creatividade galega desenvolvidas en 2014 están aquí relatadas.

  • Portada da Memoria de Actividades 2014
  • O 2014 foi o Ano de Díaz Castro
  • Santiago acolleu a feira internacional Womex 2014
  • Auga Doce tivo máis de 40.000 visitantes

Comparte