O galego campa!

Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

O galego campa!

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado colaboran  coa Secretaría Xeral da Igualdade para desenvolver en 22 dos campamentos incluídos na Acción de verán 2019 da Xunta de Galicia dinámicas dirixidas a fomentar o uso do galego por parte dos rapaces e rapazas asistentes, formar o monitorado e fornecelo de recursos para traballar na lingua propia de Galicia.

Galego

Contacontos do Consello de Galegos Ilustres

O músico Xavier Mugardos e o contacontos Brais Fernández forman o Consello de Galegos Ilustres, que levará as súas historias a 17 campamentos integrantes da Acción de verán 2015! da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado no marco do programa de dinamización lingüística O galego campa!

Rosalía de Castro, a historia máxica de Galicia, a prevención do lume no monte ou a educación para a paz son algúns dos temas  que se abordarán nestes relatos musicados cos que divertirse e aprender asemade.

Galego

Galicia, terra de artistas

Chegan ao campamento de verán uns cazatalentos que van descubrir as calidades innatas dos mozos e mozas que pasan alí as súas vacacións estivais. Para iso realizarán unha serie de probas que, ademais de divertir, sacarán á luz o artista que todos os galegos temos oculto no noso interior.

Galego

Lingua Forza 3

Divertida xincana con xogos que combinan a actividade física, lingüística e mental e que xiran arredor do léxico do deporte e do patrimonio inmaterial galego oral. Forma parte do programa de dinamización lingüística O galego campa, destinado a visibilizar e impulsar o uso da lingua propia de Galicia nos campamentos de verán da Xunta de Galicia.

Galego
Subscribirse a RSS - O galego campa!