Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 863
- 864
- 865
- 866
- 867
- 868
- 869
- 870
- 871
- …
- seguinte ›
- última »
A primeira xornada de setembro do ciclo coa que o centro celebra o seu décimo aniversario será ás 19,00 horas e a autora afondará no libro ‘Retrincos’, de Castelao
Pedro Feijoo, Héctor Castiñeira, Andrea Maceiras e Juan Tallón completan a listaxe de firmas que participarán ata outubro nestes relatorios abertos ao público
A asistencia é de balde previa reserva en cidadedacultura.org
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e Cooperativa Performa presentaron hoxe Des-enfocar Fisterra que se celebrará os días 4 e 5 de setembro
Alexandre Nerium, Nacho Munilla, Estevo Creus, Su Garrido Pombo, Christian García Bello, Pepe Formoso e a banda Os amigos dos músicos forman o cartel deste festival cultural que se desenvolverá por distintos espazos do concello
Organizada pola Xunta de Galicia, pechou onte as súas portas tras pasar pola sede coruñesa de Afundación e a Cidade da Cultura en Santiago
En suma, a mostra recibiu xa un total de 30.000 visitantes en Galicia e continuará o programa de itinerancias en setembro na sede viguesa de Afundación
Comisariada por dous dos fillos do autor, afonda na inesgotable creatividade de Díaz Pardo a través de 500 pezas e unha videocreación de Cecilia Díaz Betz e Jordi Cussó
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade asistiu á segunda xornada do festival que se desenvolve ata mañá nun formato adaptado ás medidas sanitarias
A cita conta co patrocinio da Xunta para a promoción de Galicia como destino musical seguro e de calidade a través da súa marca FEST Galicia e do Xacobeo 21-22
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade visitou hoxe o Museo Massó onde informou da colaboración co Concello para musealizar os restos atopados na escavación da Pescadoira que inclúen vestixios dunha fábrica de salgadura do S. II D.C.
Supón un paso importante para difundir o patrimonio cultural asociado á cultura mariñeira galega e completar a intensa oferta museística da localidade que tamén se ampliará con máis espazos expositivos no Museo Massó ”, avanzou
O Castro de Troña acolle a última sesión da iniciativa, con 8km en mula, de Álvaro Murillo; A temperatura O temperamento, de Fran Martínez; Emakumeak, de NODE, e Coreografías dun DeMente, de Fran Sieira Compañía de Danza
Enmárcase na programación cultural do Goberno galego que este verán suma máis de 3.000 actividades e percorre espazos singulares da xeografía galega a prol da posta en valor da riqueza patrimonial e paisaxística a partir das artes do movemento
O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitou o recinto do evento, que arranca esta tarde na casa natal do poeta Uxío Novoneyra
É un dos eventos adxudicatarios das subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a festivais profesionais de música, a través das que este ano se distribúen 340.000 euros entre 19 encontros
Terá lugar o día 29, a partir das 13,00 horas, na praza de Santa María como parte da actividade cultural do Xacobeo 21-22
O espectáculo, coordinado pola asociación Escobijazz, tamén poderá ser seguido en streaming a través das redes sociais
‘En terra firme’ é unha instalación efémera de Ana Núñez e Sebastián Sandoval, que combina artes visuais e sonoras, e pode visitarse ata o próximo 9 de xaneiro
Foi gañadora do VIII Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk -dirixido aos participantes no Encontro de Artistas Novos (EAN)- e enmárcase na programación do Xacobeo 21-22, contando co apoio da Fundación Banco Sabadell
O secretario xeral de Cultura destacou que este certame artístico procura “apoiar a arte emerxente, ofrecendo aos novos talentos un espazo creativo non convencional”
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na presentación da iniciativa que botará a andar mañá venres en Vilagarcía de Arousa
Eme DJ, Manuele Caamagno, Carlos Crespo e K DJ na primeira mesa redonda moderada por Pepe Cunha e ofrecerán tres horas de música en galego





