Axudas, subvencións e bolsas : INTERCAMBIO POÉTICO AODH RUADH Ó DOMHNAILL – XACOBEO: GALICIA - IRLANDA EN RESIDENCIA

INTERCAMBIO POÉTICO AODH RUADH Ó DOMHNAILL – XACOBEO: GALICIA - IRLANDA EN RESIDENCIA

INTERCAMBIO POÉTICO AODH RUADH Ó DOMHNAILL – XACOBEO: GALICIA - IRLANDA EN RESIDENCIA

(For English version, see below)

A convocatoria ten por obxecto fixar as bases reguladoras que establecen a Residencia Literaria 1863 e o Centro Tyrone Guthrie de Annaghmakerrig –en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, Poetry Ireland e mais a Embaixada de Irlanda en España– para impulsar o Intercambio poético Xacobeo en residencia Aodh Ruadh Ó Domhnaill. Dita bolsa apoiará unha residencia de creación literaria para poetas galegos/as en Irlanda e para poetas irlandeses/as en Galicia, por un mes de duración (en concreto, setembro de 2022).

O Intercambio poético Xacobeo en residencia Aodh Ruadh Ó Domhnaill ten como finalidade o estímulo e promoción da creación poética nunhas condicións de excelencia, así como a súa proxección internacional.

Fornecer aos e ás poetas de Galicia e de Irlanda dun espazo, un tempo, un contexto e unhas condicións óptimas para a enteira dedicación ao seu propio proxecto de escrita creativa, dentro dun ámbito internacional, constitúe así mesmo o obxectivo deste programa.

Do mesmo xeito, a bolsa traerá aparellada ao menos un/dous recital/is público/s do beneficiario/a, en Galicia e Irlanda respectivamente, durante o tempo de residencia, así como a publicación dunha plaquette cos seus poemas traducidos ao idioma do país de destino.

Se a persoa becada en Irlanda gozará do contacto con outros artistas internacionais aloxados noutros cuartos deste amplo centro, a que resida na Coruña terá acceso prioritario a museos, galerías, bibliotecas, concertos, visitas guiadas, encontros literarios, obras de teatro e outros eventos nunha cidade enormemente segura e que conta cunha rica e diversa vida cultural.

As solicitudes para concorrer ao Intercambio poético Xacobeo en residencia Aodh Ruadh Ó Domhnaill deberán presentarse ata o día das Letras Galegas, 17 de maio de 2022, ás 22:00h.

Unha vez seleccionada e anunciada a persoa á que se conceda esta bolsa de intercambio en residencia, gozará da mesma ao longo do mes de setembro de 2022. Nomearase así mesmo unha persoa candidata en caso de cancelación.

O candidato ou candidata elixida deberá chegar a Galicia/Irlanda ao comezo de dito mes natural e marchar ao remate do mesmo (non se admiten chegadas ou saídas a metade de mes).

Poderán concorrer á presente convocatoria individualmente calquera poeta –maior de dezaoito anos– nado e/ou residente en Galicia/Irlanda con ao menos un libro de poesía publicado (en galego).

Para solicitar o Intercambio poético Xacobeo en residencia Aodh Ruadh Ó Domhnaill, en concorrencia competitiva, cada autor ou autora poderá presentar un único proxecto de escrita poética.

As solicitudes incluirán, anexos, documentos de texto (en .doc, .docx, .odt ou .pdf) que aborden os seguintes apartados:

(1) Bio-bibliografía redactada nun máximo de dúas páxinas (incluíndo nome completo, DNI e datos de contacto).

(2) Memoria de PROXECTO: Descrición do proxecto literario que se pensa desenvolver durante a residencia en intercambio (Máx. 2 páxinas). Pódese facer mención do fío condutor, tema/s principais, estrutura, forma, trazos de estilo e/ou calquera outro detalle que permita ao comité de valoración facerse unha idea o máis aproximada posible do plan creativo a procurar.

(3) Dossier literario: escolma poética capaz de actuar como mostra representativa do traballo literario do ou da solicitante (Máx. 10 páxinas).

(4) Carta de motivación para solicitar este Intercambio poético en residencia Aodh Ruadh Ó Domhnaill, de non máis dunha páxina de extensión (Máx. 1 páxina).

Unha vez preparados todos estes documentos, enviaranse nun único e-mail ao enderezo electrónico: 1863coruna@gmail.com, sempre antes das 22:00h do día 17 de maio de 2022.

Os mails deberán indicar no ‘asunto’: “Intercambio poético en residencia Aodh Ruadh Ó Domhnaill”

 

THE AODH RUADH Ò DOMHNAILL POETRY BURSARY

RESIDENCIA LITERARIA 1863 & THE TYRONE GUTHRIE CENTRE, ANNAGHMAKERRIG

The Aodh Ruadh Ó Domhnaill Poetry Bursary aims to encourage and promote poetic creation in conditions of excellence, as well as its international projection, providing the poets of Ireland and Galicia with space, time, context and optimal conditions for the dedication to their creative writing project within an international environment.

The bursary will be accompanied by at least two public readings by the beneficiary, in Galicia and Ireland respectively, during the period of residence, as well as the publication of a chapbook of their poems translated into the language of the destination country.

While the bursary holder in Ireland enjoys contact with other international artists in the Tyrone Guthrie Centre, those residing in A Coruña will have priority access to museums, galleries, libraries, concerts, guided tours, literary meetings, plays and other events in a city with a rich and diverse cultural life.

Any poet over the age of eighteen born/ resident in Ireland with at least one published collection of poetry may apply.

Applications may be made in doc, .docx, .odt or .pdf and must include the following:

• (1) Literary CV (Max. 2 pages).

• (2) PROJECT: Description of the literary project that is intended to be developed during the residency (Max. 2 pages). Mention can be made of the main theme(s), structure, shape, stylistic features and/ or any other details that allow the evaluation committee to get an idea as to the creative project to be undertaken.

• (3) SAMPLE OF WORK: a selection of poems (max 10 pages).

• (4) LETTER OF MOTIVATION: Please state why you are applying for the

Aodh Ruadh Ó Domhnaill Poetry Bursary (Max. 1 page).

All documents to be sent as an attachment to 1863coruna@gmail.com on or before 22:00 GMT on May 17, 2022. With the subject heading: “Aodh Ruadh Ó Domhnaill Poetry Bursary.” In the event that the application is not received in full, the application will be rejected, and the applicant be excluded from the call.

Enquiries with re: to any of the above can be sent to keith.payne@mac.com

 

Estado de tramite: En trámite

Comparte