Axudas, subvencións e bolsas : Axudas a empresas que realizan publicacións periódicas escritas integramente en galego

Axudas a empresas que realizan publicacións periódicas escritas integramente en galego

A Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza publica no DOG a Resolución do 31 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego e se procede á súa convocatoria para o ano 2015. 

 O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. 

Estado de tramite: Resolto

Comparte