Axudas, subvencións e bolsas : Subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega

Subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega

A convocatoria conta cun orzamento de 350.000€, 100.000€ máis que o ano pasado

A Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a nova convocatoria de axudas para a promoción do uso do galego desde o ámbito local que supón un incremento do 40% no seu orzamento. Así, o Goberno autonómico destinará este ano 350.000 euros nunha convocatoria para que concellos e agrupamentos de concellos de máis de 3000 habitantes poden solicitar desde mañá ata o vindeiro 10 de maio a través da sede electrónica da Administración autonómica.

As axudas están destinadas a sufragar os gastos derivados da creación, do reforzamento e do mantemento de unidades técnicas especializadas en lingua galega, así como da programación de actividades específicas coas que dinamizar a lingua galega desde o tecido municipal. A orde de convocatoria deste ano marca como ámbitos estratéxicos de actuación o deporte, a mocidade, as TIC, o tecido económico empresarial, os servizos sociais e a perspectiva de xénero e igualdade entre homes e mulleres.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade incrementa a partida en 100.000 euros e destina un total de 350.000 euros. Os gastos subvencionables deben estar comprendidos entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2021.

Estado de tramite: En prazoen prazo

Prazo de presentación:

10/04/2021 a 10/05/2021

Comparte