Axudas, subvencións e bolsas : Subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e a promoción do talento audiovisual galego

Subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e a promoción do talento audiovisual galego

En réxime de concorrencia competitiva

O Diario Oficial de Galicia publico o mércores 24 de marzo as bases da convocatoria anual da Xunta de subvencións á promoción do talento audiovisual galego cun incremento de ata 194.000€ na súa dotación, con importantes novidades:

  • Incremento na dotación ata 194.000 euros.
  • Inclusión dunha submodalidade para curtametraxes xa realizadas.
  • Incorporación dunha categoría específica dedicada ao apoio de webseries.

 

Para contribuír ao financiamento dun total de 19 proxectos con estas achegas para cada un deles:

  • 6 escritas individuais de guión de longametraxes (5.000 euros)
  • 6 curtas sobre proxecto (6.000 euros)
  • 2 curtas en construción (4.000 euros)
  • 3 longas de realización novel (30.000 euros)
  • 2 webseries (15.000 euros)

Esta convocatoria da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que se resolverá en réxime de concorrencia competitiva, foi unha das que se reformulou o pasado ano no marco do Plan de reactivación fronte aos efectos da covid-19, cun aumento do orzamento. O novo incremento deste ano supón un 24,3% de crecemento respecto á convocatoria inicial de 2020 e consolida ata seis modalidades e submodalidades de apoio para outros 19 novos proxectos.

 

Prazo de presentación: 25 de marzo ao 26 de abril de 2021

Estado de tramite: En trámite

Comparte