Axudas, subvencións e bolsas : Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021

Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021

Promove a creación dun repositorio de contidos creativos de interese cultural en lingua galega

Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo pola que se acorda darlles publicidade ás bases para presentar creacións culturais, bens ou servizos de consideración análoga, coa finalidade de configurar un fondo de contidos creativos de interese cultural e artístico, lingüístico e turístico denominado Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, e se anuncia a apertura do prazo para que as persoas físicas e xurídicas do sector cultural interesadas poidan presentar as súas iniciativas.

 

No marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19, Política Lingüística promove a creación dun repositorio de contidos creativos de interese cultural en lingua galega cos seguintes obxectivos:

  • Dinamizar a lingua propia de Galicia.
  • Inxectar fondos e apoiar artistas, creadores e empresas do eido cultural no contexto da crise da COVID-19 para que ninguén quede fóra.
  • Abrir unha vía para a continuidade, viabilidade e visibilidade da oferta e do consumo de propostas lingüísticas e culturais.

 

Poden presentar as súas propostas ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 (Fondo X21):

  • Autónomos
  • Empresas privadas
  • Entidades culturais sen ánimo de lucro

 

Recibirán un apoio de ata 4.000 € no caso dos autónomos e de ata 10.000 € no caso das empresas e entidades culturais. Estas cantidades poderán financiar ata o 100% do proxecto.

Os produtos que integrarán este repositorio de contidos poden pertencer aos seguintes ámbitos:

  • Virtual (vídeos, música, películas, documentais, fotografías...).
  • Presencial (actuacións teatrais, musicais, exposicións...).
  • Outros servizos: materiais e produción.

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xullo de 2020.

 

Tras a da resolución, o prazo de presentación dos proxectos rematará o 31 de decembro de 2020.

 

Contacto

info-fondox21@xunta.gal  

 

Estado de tramite: En trámite

Comparte