Axudas, subvencións e bolsas : Bolsas Xunta / Fulbright para estudos artísticos en EE.UU.
Bolsas Xunta / Fulbright para estudos artísticos en EE.UU.
Ofertadas 5 prazas
A Xunta de Galicia e a comisión Fulbright colaboran na oferta de cinco bolsas para que creadores vinculados con Galicia poidan realizar estudos, estadías ou investigacións nos Estados Unidos no campo das artes.
O prazo para presentar as solicitudes remata o martes 31 de marzo e os futuros bolseiros deberán ser maiores de idade, estar vinculados a Galicia por nacemento, residencia, formación ou traxectoria profesional; contar cun título superior ou artístico; dispoñer dunha carta de acceso, invitación ou admisión nalgún centro estadounidense, e demostrar un alto coñecemento de inglés falado e escrito.
Estado de tramite: En trámite