Axudas, subvencións e bolsas : Publícanse as axudas concedidas para a dotación de novidades editoriais das bibliotecas da RBG

Publícanse as axudas concedidas para a dotación de novidades editoriais das bibliotecas da RBG

Relación dos concellos beneficiados e a súa dotación

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2019 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de decembro de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 26 de decembro), pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico e para a mellora das coleccións bibliográficas, con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia.

Estado de tramite: Resolto

Comparte