Axudas, subvencións e bolsas : Proposta de resolución provisional de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais

Proposta de resolución provisional de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais

A Consellería de Cultura e Turismo publica a proposta de resolución provisional pola que se aproba a listaxe provisional de solicitudes admitidas coas puntuacións correspondentes e a listaxe provisional de excluídas e as causas de exclusión, de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, convocada pola Orde do 20 de decembro de 2018 (DOG núm. 27, do 7 de febreiro de 2019).

O prazo de presentación das alegacións remata o 20/05/2019.

 

 

Estado de tramite: En trámite

Documentos relacionados

Comparte