Axudas, subvencións e bolsas : Convocatoria de axudas a festivais musicais e escénicos de carácter afeccionado para 2014

Convocatoria de axudas a festivais musicais e escénicos de carácter afeccionado para 2014

A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) publicou no DOG o 28 de maio de 2014 a resolución 21 de maio de 2014 pola que se aproban as bases de subvencións a festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado que se leven a cabo entre o 1 de novembro de 2013 e o 31 de outubro de 2014, e se convocan para o ano 2014.

Finalmente, Agadic publica o 18 de setembro de 2014 a relación de 19 compañías de carácter afeccionado beneficiarias destas subvencións por valor de 40.000 euros.

Estado de tramite: Resolto

Comparte