Axudas, subvencións e bolsas : Publicadas as listaxes provisionais de bolsas de formación en patrimonio moble galego

Publicadas as listaxes provisionais de bolsas de formación en patrimonio moble galego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca oito bolsas para formación en patrimonio moble galego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 23 de febreiro de 2018 (núm. 39) a  Orde do 5 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego en museos propios e xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Tras rematar o prazo de presentación de solicitudes, publícanse agora as listaxes provisionais de persoas seleccionadas nas ditas bolsas, nos respectivos campos de Arqueoloxía, Historia da Arte e Restauración.

Ver listaxes nos documentos anexos.

O prazo de alegacións rematará o 18 de maio.

 

Estado de tramite: En trámite