Axudas, subvencións e bolsas : Bolsas de formación en biblioteconomía

Bolsas de formación en biblioteconomía

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Cultura, publicou no DOG unha orde pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en biblioteconomía mediante a formación apoiada por titores en diversos centros bibliotecarios.

Os bolseiros recibirán a súa formación nas seguintes bibliotecas públicas: Biblioteca de Galicia, Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, Biblioteca Pública de Lugo, Biblioteca Pública de Ourense, Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel e Biblioteca Pública Municipal de Ferrol (Central).

Estado de tramite: Resolto