Axudas, subvencións e bolsas : Subvencións á produción escénica 2017

Subvencións á produción escénica 2017

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica no DOG a Resolución do 23 de decembro de 2016 pola que aproban as bases da subvención á producción escenica e se convocan para o ano 2017.

Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere seguir impulsando o marco de actuación baseado en tres premisas substanciais:
1. O incremento de público.
2. A consolidación de industrias culturais competitivas que xere un retorno.
3. A busca da excelencia nos produtos culturais galegos.
Por todo isto, en consonancia cos seus obxectivos inmediatos, apróbase a convocatoria pública de subvencións á produción escénica para o exercicio 2017 de acordo coas seguintes bases, que se poden consultar aquí.

 

Estado de tramite: Resolto

Comparte