Axudas, subvencións e bolsas : Axudas preproducción de futuros filmes galegos

Axudas preproducción de futuros filmes galegos

O Diario Oficial de Galicia publica as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos, ás que este ano destina de xeito excepcional 1.200.000 euros. O incremento do orzamento, que cuadriplica o disposto no pasado para esta mesma liña de apoio, responde á inclusión dunha modalidade específica para que as empresas poidan presentar varias propostas agrupadas nun mesmo paquete de accións.

 

Segundo se detalla na convocatoria, poderán optar a estas subvencións as persoas físicas ou xurídicas constituídas como produtoras audiovisuais independentes e que teñan, cando menos, un ano de antigüidade sen interrupción na súa actividade. O  prazo de presentación de propostas estará aberto a partir de mañá e ata o vindeiro 24 de agosto.

 

Do devandito investimento total, que canaliza cara ás empresas a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, 400.000 euros correspóndenlle á Xunta de Galicia (100.000 máis que en 2025) e 800.000 son achegados polos fondos FEDER no marco do programa operativo Galicia 2021-2027.    

Estado de tramite: En trámite

Comparte