Axudas, subvencións e bolsas : Residencias literarias fóra de Galicia
Residencias literarias fóra de Galicia
Listaxe provisional de persoas admitidas
Orde do 30 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de profesionais da creación literaria galega en residencias literarias fóra de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026.
De acordo co disposto no artigo 17 o órgano instrutor á vista dos expedientes e das actas da comisión de valoración, elaborará unha listaxe provisional das persoas admitidas e a puntuación acadada, nesta convocatoria non houbo ningunha solicitude excluída. Estas listaxes publicaranse no portal da Dirección Xeral de Cultura (https://www.cultura.gal).
As persoas solicitantes disporán dun prazo de 10 días hábiles para formular alegacións segundo a forma indicada no artigo 12.5 da dita orde polo que todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Estado de tramite:
En prazo
Prazo de presentación: 11/06/2026 a 26/06/2026