Axudas, subvencións e bolsas : Listaxes provisionais das bolsas de formación en museos correspondentes ao programa 2026-2027
Listaxes provisionais das bolsas de formación en museos correspondentes ao programa 2026-2027
Bolsas de formación en museos
Publícanse as listaxes provisionais das persoas admitidas e excluídas, por non reuniren todos os requisitos, así como da puntuación acadada, correspondentes á Orde do 16 de decembro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de museos do programa 2026-2027. Código de procedemento CT110B (DOG nº6 do 12 de xaneiro de 2026).
Tal e como establece o artigo 13.2 da Orde reguladora, as persoas interesadas disporán dun prazo de dez días para formular alegacións ás listaxes provisionais. O prazo comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación e finalizará o 20 de abril. Estas alegacións dirixiranse á Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos.
Estado de tramite: En trámite