Axudas, subvencións e bolsas : Resolución provisional das axudas para o libro galego, no que se refire á tradución ao galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, (Orde de 27 de febreiro de 2025, DOG Núm. 59 de 26 de marzo de 2025). Código do procedemento CT221C

Resolución provisional das axudas para o libro galego, no que se refire á tradución ao galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, (Orde de 27 de febreiro de 2025, DOG Núm. 59 de 26 de marzo de 2025). Código do procedemento CT221C
Nesta relación indicase a puntuación proposta para cada proxecto admitido, así como as causas que determinaron a exclusión das restantes solicitudes, segundo o disposto no artigo 14 da Orde de 27 de febreiro de 2025.
PRAZO
O prazo para presentar alegacións remata o día 4 de agosto de 2025 (incluído).
As editoriais que presenten alegacións farano a través da sede electrónica e ademais enviarán un correo electrónico á Dirección Xeral de Cultura, Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro, no seguinte enderezo: servizo-libro-publicacions.cultura@xunta.gal, no cal indicarán o día en que presentaron a alegación e o motivo desta.
Estado de tramite: En trámite