Axudas, subvencións e bolsas : Convocatoria Residencia San Simón 2024

Convocatoria Residencia San Simón 2024

A primeira edición desta residencia convocouse no ano 2023, ofrecéronse 12 prazas de estadía creativa. Recibíronse 24 solicitudes, co que todas as prazas ofertadas foron ocupadas. Ofertouse un único periodo de estadía: entre outubro e novembro e os tempos de permanencia eran de entre 2 semanas e 1 mes.

Dado o éxito acadado na primeira edición, nesta nova convocatoria duplícanse as prazas ata chegar a 24 e ábrense 3 periodos temporais de estadía, ofertando 8 prazas en cada un deles, cunha estancia mínima dunha semana e máxima de 15 días. Os periodos traballo creativo na Residencia realizaranse os meses de maio, outubro e novembro.

As inscricións poderanse realizar entre os días 4 e 24 de abril, inclusive.

Estado de tramite: En trámite

Comparte