Axudas, subvencións e bolsas : Concurso XIV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

Concurso XIV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

A Bienal de Pintura do Eixo Atlántico é organizada polo Eixo Atlántico, coa colaboración das entidades Instituto Português do Desporto e Juventude, Direcção Regional da Cultura do Norte de Portugal e Xunta de Galicia por medio da Dirección Xeral de Cultura, e réxese polas regras  descritas no seu regulamento (que se achega en documento adxunto nesta mesma publicación).

Poderán concorrer todos os artistas naturais e/ou residentes en Galicia ou no Norte de Portugal,para o que deben anexar comprobante.

Para poder inscribirse, os interesados deben acceder á ligazón que se inclúe nesta publicación, na que ademais, poderán consultar o regulamento. 

 

Estado de tramite: En trámite

Comparte